Cursos dOM

As TIC interésanche, teñen utilidade para ti e non queres quedar atrás desaproveitando os seus beneficios.

"Aínda que pouco, si teño tempo, e quero investir en min. O tempo de estudo quero adicalo a cursos que teñen os contidos que me interesan e me facilitan a comprensión. Os que se adaptan a min."

Así é como adquires o coñecemento que non se esbaece cos cambios constantes nas TIC, ou co paso do tempo, ao non ser asimilados correctamente.

Gozas co estudo cando aprendes, cando sentes como aumenta o teu coñecemento, comprendendo e non arrastrando dúbidas ao avanzar.

Gozas do estudo cando aprendes por e para ti.

    Cursos dispoñíbeis

    O correo electrónico está presente no noso día a día, no eido persoal e profesional.

    Este servizo das TIC serache de maior ou menor utilidade na medida en que coñezas os seus fundamentos e como aproveitalo para a túa marca persoal.

    As redes sociais permítenche comunicarte dunha maneira efectiva, aforrando recursos e influíndo positivamente na túa reputación online.

    Cales son as redes sociais nas que che interesa estar?, como debes comunicarte en cada unha delas?, como automatizar procesos para aforrar tempo?

    Coñecendo o que significan para o teu público obxectivo é como aprenderás a aproveitar as que son útiles para ti.

    Trámites con entes públicos: consultar o teu expediente médico, o estado de trámites co teu Concello, con Facenda..., solicitar cita nun centro de saúde, para anovar o DNI, pasar a ITV...
    Trámites con entes privados: operacións co teu banco, compras online, altas, baixas ou consultas de servizos como a luz, gas, operadoras de telefonía e TV...

    Podes xa facelo desde o lugar e dispositivo que che resulte máis cómodo. Pero o que dará a comodidade é a confianza, e esta terala coñecendo o uso das TIC no eido da tramitación dixital.

    Co teu ordenador, tablet ou smartphone e unha conexión a internet podes establecer unha comunicación en directo con calquera persoa (ou grupo de persoas) en calquer parte do mundo.

    Dominando o uso das ferramentas que che permiten comunicarte no momento coas persoas coas que precisas interactuar, permítenche aforrar tempo e recursos.